lunes, 30 de septiembre de 2013

Calendario de actividades

Fase 1: "Macrocharla Vitamína-T"

(9 de outubro de 2013, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, 12:00 a 14:00 horas)

- "Dejadme soñar" Roberto Pérez Marijuán y Juan José Romero Crusat, Socios Cofundadores de Suma Importancia
- "Caso de éxito" Santiago Martínez, Profesional de la Oratoria y la Comunicación
- Álex Pardo, Monologuista

Fase 2: "Design Competition"

(19 de outubro de 2013, 11:00 a 13:00 horas)

Concurso no que poderás amosar o teu talento ante retos plantexados por empresas reais. Non hai respostar incorrectas así que ¡aproveita para ser creativo e orixinal! Poderás aportar tamén o teu CV para darte a coñecer.

Fase 3: "Design Thinking"

(22 de outubro de 2013, Edificio Cersia, 16:00 a 20:00 horas)

Workshop da man de Dolores Diz no que poderás coñecer a metodoloxía chamada "Pensamento de Deseño", a cal require un enfoque creativo baseado nos principios da empatía, imaxinación, experimentación, prototipado colaborativo, pensamento integrador e aprendizaxe interactivo.


Ao finalizar esta dinámica gozaremos da presenza de Santiago Msrtínez, quen empregará as técnicas da comunicación e do debate para fomentar actitudes e propostas creativas baseadas en argumentacións sólidas. Deste xeito potenciaranse as habilidades comunicativas.

Fase 4: Networking

(26 de outubro de 2013)

Posta en común da aprendizaxe compartida ao longo do programa Vitamína-T e sesión de networking na que poderás establecer sinerxias con emprendedores, empresarios e representantes de diversas institucións.

Entre os que cheguedes a esta fase sortearemos unha Tablet libre Blusens Touch 90.


¿QUERES ENGADIR VALOR AO TEU FUTURO?

¡INSCRÍBETE XA en www.clubemprendemas.es!

¡É GRATIS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario