miércoles, 16 de octubre de 2013

¡Comeza xa o Programa VITAMÍNA-T!

"Design Competition"

(19 de outubro de 2013, 11:00 a 13:00 horas, Aula 2, Facultade de Relacións Laborais da USC)

Concurso no que poderás amosar o teu talento ante retos plantexados por empresas reais. Non hai respostar incorrectas así que ¡aproveita para ser creativo e orixinal! Poderás aportar tamén o teu CV para darte a coñecer.
Ademáis participarás nunha serie de dinámicas divertidas nas que desenvolver habilidades profesionais que te axudarán na túa búsqueda de emprego ou na túa carreira emprendedora.

"Design Thinking"

(22 de outubro de 2013, Edificio Cersia, 16:00 a 20:00 horas)

Workshop da man de Dolores Diz no que poderás coñecer a metodoloxía chamada "Pensamento de Deseño", a cal require un enfoque creativo baseado nos principios da empatía, imaxinación, experimentación, prototipado colaborativo, pensamento integrador e aprendizaxe interactivo.


Ao finalizar esta dinámica gozaremos da presenza de Santiago Martínez, quen empregará as técnicas da comunicación e do debate para fomentar actitudes e propostas creativas baseadas en argumentacións sólidas. Deste xeito potenciaranse as habilidades comunicativas.

Networking

(26 de outubro de 2013)

Posta en común da aprendizaxe compartida ao longo do programa Vitamína-T e sesión de networking na que poderás establecer sinerxias con emprendedores, empresarios e representantes de diversas institucións.

Entre os que cheguedes a esta fase sortearemos unha Tablet libre Blusens Touch 90.


¿QUERES ENGADIR VALOR AO TEU FUTURO?

¡¡¡Todavía nos quedan 5 plazas dispoñibles!!!

¡INSCRÍBETE XA en www.clubemprendemas.es!

¡É GRATIS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario