lunes, 14 de octubre de 2013

Xornada de presentación do Programa VITAMÍNA-T

O pasado mércores 9 de outubro, desde o Club Emprende MAS, celebramos a xornada de presentación do programa Vitamína-T na Facultade de CC.EE. e Empresariais da USC. A xornada comezou coa apertura a cargo da nosa Presidenta Noela Mera e do Xefe de Servizos de Participación Xuvenil Pepe Ríos, quen explicou a importancia que ten para os xóvenes coma nós as axudas do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.


Tras a apertura comezamos o evento con dous grandes do panorama galego, Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, creadores de Suma Importancia. Ambos faláronos da importancia de tomar a iniciativa e de facer realidade os teus soños.


A continuación o noso caso de éxito por excelencia, Santiago Martínez, explicounos cómo conseguiu facer da súa paixón unha profesión. Sabemos que hoxe en día é duro triunfar pero el aproveitou a súa experiencia no debate e aplicou todo o seu talento para lograr o seu propósito e... ¡conseguiuno!


E xa para finalizar adueñouse do escenario Álex Pardo, ¡o noso monologuista favorito! Púxolle o toque desenfadado á xornada e deixounos un bó sabor de boca para afrontar o día cun sorriso. Encántanos contar con xente xove con talento e ilusión polo que fai.


Esperamos que disfrutedes deste tipo de xornadas tanto coma nós e agardamos contar con vós no resto de xornadas do Programa Vitamína-T. E recorda que se és un dos mellores poderás gañar unha Tablet Blusens Touch 90. Se aínda non estás inscrito podes facelo na nosa web www.clubemprendemas.es!!! Date présa que as prazas acábanse!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario